Entradas

Retomamos con enerxía as clases!!

Imagen
Despois das vacacións de Nadal, atopámonos con varias sorpresas na nosa plantación. Os bulbos creceran moito, polo que tivemos que transplantalos das bandexa Ademais, pintamos e colocamos unha bordura de madeira na entrada do cole  na que plantamos chícharos, fresias, narcisos e moitos tulipáns💚❤️💜

Plantando bulbos con moito mimo

Imagen
 Que boa actividade! 😊🌱 Traballar cos nomes das plantas a través dun colaxe e logo plantar bulbos de iris é unha maneira estupenda de aprender facendo. Os bulbos de iris adoitan sorprender porque medran rápido e ofrecen flores moi vistosas. 

Preparación do terreo e elaboración de kokedamas e arranxos para o Nadal

Imagen
No taller de Xardinería despois de traballar no exterior 🍂🍁..na aula  elaboramos arranxos para o Nadal con elementos naturais e chulísimos kokedamas .💚🌱

Visita o Garden

Imagen
"Onte fomos de visita ao Garden Paradelo; mercamos uns cantos bulbos de inverno🌷🪻,   bandexas de cultivo , un mini invernadeiro e mooooitos sobres de sementes para poder recoller un montón de froitos e tubérculos para papar na primavera."  🥕🥬🫛🥒🍈🫜...

Arrancamos co ciclo formativo de xardinería e viveirismo !!

Imagen
 Comenzamos coas pilas cargadas e coa ilusión de encher  de  flores 🐝 💐 o noso Centro. Esta semana estivemos falando dos insectos que podemos atopar no xardín 🐞 🐝 e preparando entre todos o terreo para facer unha pequena horta  🍅, 🫑, ...pronto teredes mais información e sorpresas sobre os nosos avances  porque acabamos de recibir nova maquinaria e ferramentas que estamos impacientes por estrear.